BVG Atrás Índice de Páxinas |
Versos primos |
||
Páxina 22 |
Epílogo
VERSOS PRIMOS
PALABRA BERCIANA
E fíreme de novo a vella lira
telúrica no peito
onde habitan silencios que perderon o aire,nesa gaiola eterna,
nesa eterna morada
de palabras tecidas con agullas de tempo,camariñas e cántiga.
E, ferido no berce da palabra,
hoxe habito na patria da palabra berciana,e transito no gume
do fío do vértice do abismo
cun ramo setestrelo que debullo no Bierzo,seremos, non seremos, si seremos,
que se morre unha verba
tamén morre unha patria
e apágase unha alma canda ela.
E esconxuro estas verbas para seren crisálidasou roibéns esmeralda
que esfiañen as brétemas
e aturuxen barís no labirinto dun tempoinzado de camariñas bercianas.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |